Dende o 24 e ata o 29
de novembro no noso centro, o CPI As Mirandas, compartiremos experiencias con 20
alumnos/as e 12 profesores/as de 5 países (Turquía, Polonia, Romanía, Grecia e
Italia) cos que estamos levando a termo un proxecto europeo,KA229: Manifestacións artísticas desde as festividades e tradicións europeas”.
Este domingo foron
recibidos por unha representación do centro e realizaron unha etapa do Camiño de Santiago así como unha visita
guiada polo casco histórico.
Hoxe luns realizaron unha visita ao Concello onde foron recibidos polo alcalde e
representantes do Concello. Seguidamente fixémoslles unha benvida no noso centro.
O alumnado de primaria así como un grupiño de alumnos da ESO agasalláronos cun mini concerto e bailes típicos. Logo
percorreron as aulas de primaria e infantil e departiron con profes e
nen@s. Tamén participaron no acto que
realizamos no centro con motivo do Día Internacional contra a Violencia de
Xénero, no que estiveron tamén representantes do concello e do CIM (Centro de
atención á muller).
Desexámoslle unha estupenda estadía na nosa vila xunto a
todos nós e ás familias acolledoras.
Seguiremos informando desde tesmoitalingua e a páxina web do noso cole.
No comments:
Post a Comment